Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
viernes, 1 de junio de 2012
INTERPRETAMOS A INFORMACIÓN
Lembras os gráficos circulares? Hoxe imos traballar con un. Le con calma a información que se achega para poder colorear axeitadamente o gráfico que aparece se premes na fotografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario