Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 27 de octubre de 2011

MÁIS DE MÚLTIPLOS E DIVISORES

A paisaxe que contemplaba Martín parecía sacada dun conto de fadas. As pólas das árbores abrazábanse debuxando un arco...

Martín deuse conta que a cantidade de pólas entrelazadas era un número divisor de 15...

...Queres averiguar cal é?

Entra neste bosque encantado e fíxate nas pistas para chegar ó resultado.

miércoles, 26 de octubre de 2011

CALCULA...

A Martín chamoulle a atención ver vacas camiñando pola estrada, sen embargo é algo moi habitual en Castrosil, xa que se trata dunha aldea agrícola e gandeira.

Sabes cantas vacas forman o rabaño que vai pola estrada? E cantos litros de leite dan a diario entre todas?

Estas e outras cuestións atoparalas se premes na fotografía.

LLEGANDO A CASTROSIL

Martín queda impresionado con el paisaje que ve al llegar a la Ribeira Sacra. Según él, parecía sacado de un cuento de hadas.

Vamos a leer un fragmento más de la novela y nos fijaremos en la descripción que hace de la carretera y de los árboles que iban apareciendo ante sus ojos.

¿Serás capaz de explicar tú como es el paisaje que ves antes de llegar a tu casa?

Inténtalo y para ello debes entrar en este bosque de la Ribeira Sacra.

domingo, 23 de octubre de 2011

PREPARAMOS A VISITA A UNHA PANADERÍA

Esta semana visitaremos unha panadería. Sabemos a que imos? Que nos van ensinar? De que nos vai servir o que imos ver?

Reflexionaremos entre todos e prepararemos esta visita para sacarlle o máximo proveito.

Preme na fotografía e atoparás unhas pautas que che axudarán a planificar o teu traballo.

LA COMA Y EL PUNTO Y COMA

"Otros días, en cambio, si hablaba." Esta es una de las frases que aparece en la lectura de hoy. ¿Te has fijado que lleva dos comas? ¿Por qué se utilizan ahí? ¿Se pueden utilizar en otras circunstancias?

Hoy aprenderemos a usar la coma y el punto y coma. Primero buscaremos casos prácticos en la lectura y, más adelante, usaremos estos signos en textos que elaboraremos nosotros mismos.

Clica en este punto y coma de la imagen y encontrarás un esquema para copiar y estudiar.

MÚLTIPLOS E DIVISORES

Fíxate na fotografía. Estou escribindo múltiplos do 50. Queres aprender algo máis sobre múltiplos? E sobre divisores?

Non é tan complicado. Preme nesta imaxe e verás como eres capaz de resolver algún problemiña no que sexa preciso calcular múltiplos ou divisores.

jueves, 20 de octubre de 2011

O SOÑO DE BALBINO

Balbino deitouse na cama e quedou durmindo. Debía estar moi canso despois de botar todo o día fóra da casa. Daste conta de que non comeu nada?

Mentras durmía tivo un soño moi estrano...

Le atentamente ata rematar o segundo capítulo. Hoxe falaremos sobre o soño de Balbino e os teus soños... Lembras algún de hai pouco tempo? Cóntanolo por escrito e logo lerémolos para compartilos. Non esquezas utilizar o punto e seguido, o punto e aparte e o punto final.

Preme na fotografía e copia a tarefa.

DIVISIÓN EXACTA E ENTEIRA

Agora que xa estamos metidos no tema da división imos seguir investigando. Esta vez, ademais de practicar o seu cálculo, recoñeceremos divisións exactas e enteiras.

Fíxate na pizarra da esquerda e intenta buscar as diferencias entre elas.

Logo, se premes nesa pizarra, atoparás o traballo do día. Ollo co problema! Pensa ben antes de facer cálculos.

miércoles, 19 de octubre de 2011

OS SUBSTANTIVOS

Sabías que Balbino ten un can? Pois si...

Se premes nesta fotografía e les a lectura que se indica poderás descubrir como se chama o can de Balbino e como se comunican entre eles.

A lectura tamén nos servirá para localizar substantivos e clasificalos.

A PROBA DA DIVISIÓN

Imos comprobar se as divisións que facemos son correctas. Para iso facemos a proba da división.


Fíxate neste esquema da esquerda. Dun xeito moi sinxelo indica que debemos facer para comprobar se as nosas divisións están ben feitas.


Preme nel e descubrirás a tarefa de hoxe.

EL PUNTO

Hoy veremos los tipos de punto que hay e para qué se utilizan.

En la fotografía tienes más signos de puntuación. Poco a poco los estudiaremos todos y aprenderemos a usarlos en los textos que escribamos.

Clica ahora en ellos y vamos a comenzar.

martes, 18 de octubre de 2011

MURAL DE LAS ABUELAS

Vamos a presentar de forma curiosa las descripciones de nuestras abuelas.

Una vez que estén corregidas en la libreta las escribiremos en un folio y pegaremos la fotografía.

Si clicas en este dibujo podrás hacerte una idea de como presentar tu trabajo.

Una vez que los tengamos listos elaboraremos un mural y lo colocaremos en la pared. De este modo todos podremos disfrutar compartiendo a nuestras abuelas.

sábado, 15 de octubre de 2011

DETERMINANTES POSESIVOS

Balbino sigue xogando coa terra mentras oe como o chaman. Le atentamente: quen o busca agora? Sabías que Balbino tiña un irmán? Como se chama? Onde está agora?

Despois de dar resposta a estas cuestións, buscaremos posesivos na lectura e copiaremos un cadro que nos axudará a memorizalos.

Preme na terra que traballa Balbino e averiguarás que está pasando.

DETERMINANTES DEMOSTRATIVOS

Estos son los determinantes demostrativos. Vamos a copiar un esquema parecido a éste para estudiarlos.

También buscaremos sustantivos con unas determinadas características e identificaremos los elementos de la comunicación en una situación de la lectura de hoy.

Clica en este cuadro y ¡manos a la obra!

NUESTRA ABUELA

Ya sabemos como es Adela, la abuela de Martín. Ahora vamos a hablar de nuestra abuela: como es físicamente, cuáles son sus aficiones, como suele vestir, como es su forma de ser...

Así todos podremos conocer a las abuelas de nuestros compañeros y, si traemos una fotografía, seguro que la presentación quedará superior.

Clica en la fotografía y preséntanos a tu abuela.

A DIVISIÓN

Adela colleu un taxi para volver a Castrosil, sen embargo os taxistas deben parar cada certo tempo cando fan unha viaxe tan longa.

Imos calcular cantas veces debe parar e cada cantos km fai as paradas, logo faremos unhas divisións e as súas probas.

Entra neste taxi para chegar ó traballo de hoxe.

CANTOS CARTOS!

Á avoa Adela roubáronlle a carteira cos cartos cando chegou ó aeroporto.

Se che digo a cantidade de billetes de cada clase que levaba, e as moedas, serías capaz de calcular cantos cartos lle roubaron?

Preme na fotografía e tamén poderás repasar todas as propiedades da multiplicación que aprendimos.

miércoles, 12 de octubre de 2011

...MILLO E BARBA DE MAZAROCA

Balbino seguía agochado e púxose a xogar coa terra. Fixo unha ponte con follas de millo e barba de mazaroca por enriba...

Non desperdiciou o tempo. Como non pode xogar moito porque sempre está traballando, hoxe adicouse a xogar coa terra e co millo para facer distintas construccións.

Fíxate a onde chega a imaxinación de Balbino. Imos ler un fragmento máis da novela e traballaremos sobre el.

Preme nesta mazaroca e atoparás a tarefa de hoxe.

APLICAMOS A PROPIEDADE DISTRIBUTIVA

O pantalón da avoa Adela era un pouco chamativo, sen embargo vainos servir para aplicar a propiedade distributiva.

Se che digo cantas flores tiña en total, e o número de pétalos de cada color que ten cada flor, serías capaz de escribir todo nunha soa expresión?

Inténtao. Preme na fotografía e, con este exemplo e outros, imos practicar a propiedade distributiva.

lunes, 10 de octubre de 2011

PARTES DUN MUÍÑO

Camiñando, camiñando, Balbino chegou á presa do muíño.

Sabes o que é a presa?

Fíxate na fotografía. Hoxe imos aprender vocabulario relacionado cun muíño: as súas partes e o seu funcionamento.

Preme neste muíño e atende ben ás fotografías e á explicación.

ACENTUACIÓN DE DIPTONGOS E HIATOS

Mientras a Martín se le pasa el mal humor, nosotros vamos a hacer un dictado.

Luego localizaremos en él diptongos e hiatos y estudiaremos sus normas de acentuación.

Es muy fácil. Clica en la fotografía en cuanto acabes de escribir el dictado.

PROPIEDADE DISTRIBUTIVA

A avoa de Martín leva colgada do pescozo unha cámara de fotos. Imaxina que temos 4 cámaras iguais e cada unha delas ten 3 botóns redondos e 1 cadrado. Imos averiguar cantos botóns hai en total utilizando a propiedade distributiva.

Preme na fotografía para entender este concepto.

domingo, 9 de octubre de 2011

UN POUCO DE TODO

Pola mañá, Balbino, foi ó monte co seu pai. Estaba enfadado con el e non falaron en todo o camiño. Voltaron para casa "cando os bois comezaron a encrechar o rabo coa mosca."

Ti sabes que momento é ese? Imos investigar. Preme na fotografía para averiguar o significado desta expresión e doutras palabras que aparecen na lectura de hoxe.

BUSCANDO DIPTONGOS E HIATOS

"-Llegarás a tiempo a la función -dijo mi madre-. Nos pasaremos por el aeropuerto para que la abuela te vea y, luego, te llevaremos al colegio. No te preocupes, cariño, yo hablaré con tu profesora."

Este es uno de los fragmentos que releeremos hoy. Localizaremos diptongos, hiatos, artículos, posesivos y repasaremos los elementos de la comunicación.

Clica en la cara tan disgustada de Martín y encontrarás las actividades.

SELECCIONANDO A INFORMACIÓN

Xa sabes que os pais de Martín están preparando unha viaxe ó Caribe. Sin embargo, antes de saír da casa deben facer unha previsión de gastos. Por este motivo elaboraron unha táboa cos gastos mínimos ós que teñen que facer frente, e a partir de aí calcularán en canto lles pode saír a viaxe de 7 días a Santo Domingo.

Preme na fotografía e axúdalles a facer o cálculo de gastos.

jueves, 6 de octubre de 2011

QUE PASOU ENTRE BALBINO E MANOLITO?

Lembras que no primeiro capítulo de "Memorias dun neno labrego" Balbino contaba que algo lle sucedera a Manolito pola súa culpa?

Imos ver que foi o que aconteceu entre eles. Tal vez esta ilustración che dea unha idea.

Analicemos ben a situación e imos aportar solucións a este conflito.

Preme na fotografía e... a pensar!

CUESTIÓN DE TEMPO...

"Pasaban las horas, y la abuela no llegaba. Los paneles de información únicamente indicaban que el vuelo venía con retraso, pero no señalaban con cuánto restraso."

Sabes cantas horas estivo Martín agardando a que o avión aterrizara? Poderías transformalo en minutos? E en segundos?

Entra no avión e atoparás máis cuestións relacionadas co tema que estamos estudando.

miércoles, 5 de octubre de 2011

DITONGOS E HIATOS

O tema de hoxe vainos servir para Galego e Castelán. Imos traballar con ditongos e hiatos.

Faremos un esquema sinxelo para saber distinguilos. Tamén nos pode axudar este cadro da esquerda.

Premendo en Martín atoparás a tarefa de Castelán, e se o fas en Balbino a de Galego.

CUESTIÓN DE KM.

Para ir de Madrid a Castrosil (Ourense) hai que facer o percorrido que aparece no mapa. Na lectura de hoxe descubriremos os Km que separan estas dúas poboacións.

Atréveste cun problemiña? Pon todos os sentidos porque no enunciado non están todos os datos, onde haberá que buscalos?

Preme no mapa e descubrirás tamén outras tarefas.

martes, 4 de octubre de 2011

CRETA, RODAS SANTORINI...


Antigua ciudad de Kamiros en Rodas





Ruínas en la isla de Creta.














Restos arqueológicos en Santorini

El padre de Martín quiere visitar estas islas griegas, sin embargo su mujer se niega dando una razón que descubriremos hoy al acabar de leer la página 7 de la novela.

Imagina que tú eres la madre de Martín, ¿como convencerías a tu marido de que el sitio ideal para celebrar el aniversario no es una isla griega?

Entra en la ciudad de Kamiros y busca el trabajo de hoy.

lunes, 3 de octubre de 2011

MULTIPLICACIÓN: PROBLEMAS, PROPIEDADES...

Seguro que o pai de Martín atopou nas súas expedicións centos de ánforas como as da fotografía.

Imos facer un problemiña que ten algo que ver con estas pezas de museo.

Preme na fotografía para practicar cálculo, problemas e as propiedades da multiplicacíón.

BALBINO PENSA...

Balbino cre que sería un milagre se el conseguira escribir un libro.

Ti, que opinas?

Preme na fotografía. Hoxe remataremos de ler o primeiro capítulo e, despois de comentar o seu final, darémoslle unha voltiña ós artigos.

domingo, 2 de octubre de 2011

OS ARTIGOS

Hoxe imos repasar os artigos, tanto en Galego como en Castelán.

Para non esquecelos, completaremos uns esquemas. Logo localízarémolos en fragmentos de "Memorias dun neno labrego" e "Los días de Castrosil".

Se premes no nome da primeira novela, atoparás o traballo de Galego; se premes no nome da segunda, verás as actividades de Castelán.

Ánimo!

PROPIEDADES DA MULTIPLICACIÓN

Fíxate na fotografía. Representa a propiedade asociativa da multiplicación. Pero non é a única da que imos falar, tamén estudaremos a propiedade conmutativa.

Preme na fotografía, atoparás un esquema con exemplos e actividades para practicar.