Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
domingo, 23 de octubre de 2011
MÚLTIPLOS E DIVISORES
Fíxate na fotografía. Estou escribindo múltiplos do 50. Queres aprender algo máis sobre múltiplos? E sobre divisores?
Non é tan complicado. Preme nesta imaxe e verás como eres capaz de resolver algún problemiña no que sexa preciso calcular múltiplos ou divisores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario