Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
lunes, 3 de octubre de 2011
MULTIPLICACIÓN: PROBLEMAS, PROPIEDADES...
Seguro que o pai de Martín atopou nas súas expedicións centos de ánforas como as da fotografía.
Imos facer un problemiña que ten algo que ver con estas pezas de museo.
Preme na fotografía para practicar cálculo, problemas e as propiedades da multiplicacíón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario