Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 9 de octubre de 2011

UN POUCO DE TODO

Pola mañá, Balbino, foi ó monte co seu pai. Estaba enfadado con el e non falaron en todo o camiño. Voltaron para casa "cando os bois comezaron a encrechar o rabo coa mosca."

Ti sabes que momento é ese? Imos investigar. Preme na fotografía para averiguar o significado desta expresión e doutras palabras que aparecen na lectura de hoxe.

1 comentario: