Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
domingo, 2 de octubre de 2011
PROPIEDADES DA MULTIPLICACIÓN
Fíxate na fotografía. Representa a propiedade asociativa da multiplicación. Pero non é a única da que imos falar, tamén estudaremos a propiedade conmutativa.
Preme na fotografía, atoparás un esquema con exemplos e actividades para practicar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario