Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 28 de septiembre de 2011

RESOLVEMOS PROBLEMAS

Vexamos como os pais de Martín se desenvolven diante dunha situación problemática que xurde por causa dos seus traballos. Preme na fotografía e axúdaos a resolver un par de cuestións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario