Balbino traballa verán e inverno. É un neno pobre e ten que axudar ós adultos nas súas tarefas. Imos ler uns parágrafos máis de "Memorias dun neno labrego" e poderás descubrir que labores fai, que sente, que come...
Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
No hay comentarios:
Publicar un comentario