Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
lunes, 26 de septiembre de 2011
TENTEO E APROXIMACIÓN
Se lemos un parágrafo máis da novela "Los días de Castrosil", descubriremos cal é a profesión da nai de Martín.
Na tarefa de hoxe, saberemos os traballos que fixo nos tres últimos anos e aprenderemos a facer un tenteo, é decir, aproximaremos á centena máis cercana.
Preme na fotografía para aprender este concepto e practicalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario