Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
jueves, 22 de septiembre de 2011
OS ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN
A comunicación é o proceso polo que se transmite e recibe a información.
Nesta fotografía hai un emisor que transmite a información e un receptor que é quen a recibe. A información que se transmite é a mensaxe.
Preme na fotografía para aprender algo máis sobre a comunicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario