Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 22 de septiembre de 2011

A VIAXE DOS PAIS DE MARTÍN

Os pais de Martín non decidiron aínda a onde querían ir de viaxe para celebrar os quince anos de matrimonio. Fixeron un listado co nome de algúns paises europeos e anotaron ó lado o número de habitantes de cada país.

Saberías seleccionar a información que se pide para resolver cada apartado do exercicio que está oculto detrás do mapa? Preme nel e compróbao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario