Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 15 de septiembre de 2011

EU SON... BALBINO

Sabes quen é Balbino?


É o protagonista da novela que imos ler este curso: "Memorias dun neno labrego". Con este rapaz aprenderemos moitos aspectos relacionados coa vida rural: traballos, costumes, festas...


Asegúroche que será un bo compañeiro. Preme na fotografía e imos coñecer algo sobre el.

No hay comentarios:

Publicar un comentario