Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
jueves, 15 de septiembre de 2011
MULTIPLICAMOS E DIVIDIMOS
Xa que onte estivemos sumando e restando... que che parece se hoxe multiplicamos e dividimos?
Lembras como había que colocar os números nunha multiplicación por varias cifras?
Recordas como se facían as divisións con dúas cifras no divisor? E a proba?
Imos repasar un pouquiño. Preme na fotografía e atoparás tamén algúns problemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario