Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 21 de septiembre de 2011

A MIÑA PRESENTACIÓN

Tal e como se presentou Balbino, nós imos facer o mesmo: diremos quen somos, onde vivimos, que facemos no verán e no inverno... e outros detalliños que queiramos engadir. Remataremos a presentación colocando ó lado do texto un retrato noso.

Preme aquí e observa como debes distribuir o espazo para que a presentación quede curiosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario