Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 20 de octubre de 2011

O SOÑO DE BALBINO

Balbino deitouse na cama e quedou durmindo. Debía estar moi canso despois de botar todo o día fóra da casa. Daste conta de que non comeu nada?

Mentras durmía tivo un soño moi estrano...

Le atentamente ata rematar o segundo capítulo. Hoxe falaremos sobre o soño de Balbino e os teus soños... Lembras algún de hai pouco tempo? Cóntanolo por escrito e logo lerémolos para compartilos. Non esquezas utilizar o punto e seguido, o punto e aparte e o punto final.

Preme na fotografía e copia a tarefa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario