Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 5 de octubre de 2011

CUESTIÓN DE KM.

Para ir de Madrid a Castrosil (Ourense) hai que facer o percorrido que aparece no mapa. Na lectura de hoxe descubriremos os Km que separan estas dúas poboacións.

Atréveste cun problemiña? Pon todos os sentidos porque no enunciado non están todos os datos, onde haberá que buscalos?

Preme no mapa e descubrirás tamén outras tarefas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario