Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
sábado, 15 de octubre de 2011
DETERMINANTES POSESIVOS
Balbino sigue xogando coa terra mentras oe como o chaman. Le atentamente: quen o busca agora? Sabías que Balbino tiña un irmán? Como se chama? Onde está agora?
Despois de dar resposta a estas cuestións, buscaremos posesivos na lectura e copiaremos un cadro que nos axudará a memorizalos.
Preme na terra que traballa Balbino e averiguarás que está pasando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario