Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
lunes, 3 de octubre de 2011
BALBINO PENSA...
Balbino cre que sería un milagre se el conseguira escribir un libro.
Ti, que opinas?
Preme na fotografía. Hoxe remataremos de ler o primeiro capítulo e, despois de comentar o seu final, darémoslle unha voltiña ós artigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario