Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 2 de octubre de 2011

OS ARTIGOS

Hoxe imos repasar os artigos, tanto en Galego como en Castelán.

Para non esquecelos, completaremos uns esquemas. Logo localízarémolos en fragmentos de "Memorias dun neno labrego" e "Los días de Castrosil".

Se premes no nome da primeira novela, atoparás o traballo de Galego; se premes no nome da segunda, verás as actividades de Castelán.

Ánimo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario