Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
jueves, 27 de octubre de 2011
MÁIS DE MÚLTIPLOS E DIVISORES
A paisaxe que contemplaba Martín parecía sacada dun conto de fadas. As pólas das árbores abrazábanse debuxando un arco...
Martín deuse conta que a cantidade de pólas entrelazadas era un número divisor de 15...
...Queres averiguar cal é?
Entra neste bosque encantado e fíxate nas pistas para chegar ó resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario