Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
domingo, 23 de octubre de 2011
PREPARAMOS A VISITA A UNHA PANADERÍA
Esta semana visitaremos unha panadería. Sabemos a que imos? Que nos van ensinar? De que nos vai servir o que imos ver?
Reflexionaremos entre todos e prepararemos esta visita para sacarlle o máximo proveito.
Preme na fotografía e atoparás unhas pautas que che axudarán a planificar o teu traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario