Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
sábado, 15 de octubre de 2011
CANTOS CARTOS!
Á avoa Adela roubáronlle a carteira cos cartos cando chegou ó aeroporto.
Se che digo a cantidade de billetes de cada clase que levaba, e as moedas, serías capaz de calcular cantos cartos lle roubaron?
Preme na fotografía e tamén poderás repasar todas as propiedades da multiplicación que aprendimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario