Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




lunes, 10 de octubre de 2011

PARTES DUN MUÍÑO

Camiñando, camiñando, Balbino chegou á presa do muíño.

Sabes o que é a presa?

Fíxate na fotografía. Hoxe imos aprender vocabulario relacionado cun muíño: as súas partes e o seu funcionamento.

Preme neste muíño e atende ben ás fotografías e á explicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario