Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 12 de octubre de 2011

...MILLO E BARBA DE MAZAROCA

Balbino seguía agochado e púxose a xogar coa terra. Fixo unha ponte con follas de millo e barba de mazaroca por enriba...

Non desperdiciou o tempo. Como non pode xogar moito porque sempre está traballando, hoxe adicouse a xogar coa terra e co millo para facer distintas construccións.

Fíxate a onde chega a imaxinación de Balbino. Imos ler un fragmento máis da novela e traballaremos sobre el.

Preme nesta mazaroca e atoparás a tarefa de hoxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario