Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
miércoles, 26 de octubre de 2011
CALCULA...
A Martín chamoulle a atención ver vacas camiñando pola estrada, sen embargo é algo moi habitual en Castrosil, xa que se trata dunha aldea agrícola e gandeira.
Sabes cantas vacas forman o rabaño que vai pola estrada? E cantos litros de leite dan a diario entre todas?
Estas e outras cuestións atoparalas se premes na fotografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario