Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




viernes, 1 de junio de 2012

XUSTO OU INXUSTO?

Paréceche xusto o que lle acontece a Balbino? Imos tratar este tema con calma. Fíxate nas distintas reaccións da familia de Balbino: que fan a nai, madriña e tía Carme? Que fixo o pai? E o pai de Manolito? 

Paréceche lóxica a reacción de Balbino?

Imos ler outro anaco deste capítulo. Preme na fotografía e a ver se entre todos damos outra solución ó problema que está vivindo o protagonista desta novela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario