Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 29 de abril de 2012

A MEDIA

O último día estivemos vendo as notas de Martín e Juanita durante un trimestre. Agora imos calcular que nota media obtivo cada un deles.

Para calcular a media só temos que utilizar dúas operacións: a suma e a división.

Preme na fotografía e atoparás unha explicación e varias actividades para practicar o cálculo da media.

jueves, 26 de abril de 2012

GRÁFICA DE PUNTOS

Hoxe imos aprender a elaborar gráficas de puntos, que é outra das maneiras de representar os datos que recollemos nas táboas de frecuencias.

É moi sinxelo. Primeiro necesitamos facer un eixo vertical e outro horizontal onde colocar os datos e frecuencias. A frecuencia de cada dato represéntase cun punto. Finalmente unimos con orde todos os puntos.

Imos practicar con varios exemplos: coa temperatura rexistrada en Castrosil a primeira semana do inverno, e coas notas que sacaron no primeiro trimestre Martín e Juanita.

Preme na gráfica e comenza o traballo.

lunes, 23 de abril de 2012

BALBINO E LELO

Balbino e Lelo son amigos. Xuntos pasan o seu tempo libre e xuntos tamén van facer algúns traballos para gañar cartos. Aprenden un do outro, falan dos seus pensamentos, desexos... 

Imos rematar de ler o capítulo "O meu amigo". Faremos un ditado dun parágrafo e buscaremos adverbios de distintas clases.

Preme na fotografía para saber por onde comezar o traballo.

domingo, 22 de abril de 2012

PROXECTO “O PAN”

No mes de novembro visitamos a panadería Castreje de Morpeguite:

36

O panadeiro explicounos a elaboración tradicional do pan:

hñ

 

 

 

 

 

 

Tamén aprendimos a facer croisants:

raulevavanesa

Con toda a información elaboramos murais para a clase:

27

 

 

 

 

 

 

E fixemos unha exposición para as nosas familias e os demais compañeiros do colexio:

Historia e elaboración artesanal dos dous productos

DESCUBRIENDO LA VERDAD

Martín estaba tan emocionado que no sabía que decir. Se iba dando cuenta de que todo cuanto había imaginado desde el principio era mentira. Su abuela no era una bruja ni su abuelo un ladrón... poco a poco las piezas de un gran puzzle empezaban a encajar y él estaba descubriendo la verdadera historia de sus abuelos.

Vamos a seguir leyendo en la página 69 de la novela. Razonaremos sobre los hechos y localizaremos preposiciones y adverbios.

Acompaña a Martín y a su abuelo, ellos te llevarán a descubrir la tarea de hoy.

GRÁFICO DE BARRAS

O avó leva máis de 10 anos oculto no mosteiro. Nesa década tivo tempo de facer moitas cousas. No último ano anotou nunha táboa de frecuencias canto chovía cada mes. Logo ordenou os datos e elaborou unha gráfica de barras como a da fotografía.

Hoxe imos facer a mesma tarefa que fixo o avó de Martín. Preme na fotografía e atoparás os datos que precisas para elaborar a táboa e a gráfica.

jueves, 19 de abril de 2012

PALABRAS CON H

"O meu amigo". Este é o título do capítulo que imos comezar a ler hoxe.

Balbino está preocupado porque non ten un auténtico amigo. Lévase ben con moitos nenos, pero o padriño explicáralle unha vez o que era ter un verdadeiro amigo.

Despois de ler, faremos actividades para practicar o uso da h. Na lectura atoparemos algunhas que imos utilizar. Preme na fotografía e busca a tarefa.

miércoles, 18 de abril de 2012

XOSÉ NEIRA VILAS

Este é Xosé Neira Vilas, o autor de "Memorias dun neno labrego".

Hoxe imos investigar sobre a súa vida: onde e cando naceu, como foi a súa infancia e nenez, a primeira escola, onde viviu, con quen casou, a que dedicou a súa vida...

Para afondar sobre estas cuestións preme na súa fotografía. Tal vez coñecendo a súa historia comprenderemos mellor a novela que estamos lendo.

FRECUENCIA E MODA

Esta é unha táboa de datos. Nela aparecen os nomes de tres froitas e o número de veces que se repiten. Eses números son a frecuencia.

A frecuencia máis alta representa a moda. Neste caso a moda será a mazá porque é a froita que ten maior frecuencia.

O avó de Martín tamén organizaba as ventas semanais da xoiería en táboas deste tipo para saber cantos broches vendía e cal era o que máis gustaba, é decir, cal representaba a moda.

Preme na táboa e atoparás outro exemplo e un esquema para copiar. Ademais poderás practicar con algunha actividade.

martes, 17 de abril de 2012

LAS PREPOSICIONES

El abuelo se quedó burlado cuando comprobó que la caja fuerte de su joyería estaba vacía... ¿Qué pudo haber pasado? Poco a poco lo iremos descubriendo.

Hoy leeremos otro fragmento y aprovecharemos para repasar las preposiciones que estudiamos el curso pasado.

Entra en esta caja fuerte y encuentra el cuadro-resumen que debes copiar y aprender. También encontrarás actividades para trabajar con preposiciones y adverbios.

lunes, 16 de abril de 2012

COMPRENDEMOS LO QUE LEEMOS

¿Qué tendrá que ver esta joya con la lectura de hoy?

Por fin Martín va a saber la verdadera historia de su abuelo, deberán contársela con calma y desde el principio para que pueda comprender lo que pasó y aclare todas las dudas que tiene desde que llegó a Castrosil.

Lee atentamente la página 67 de la novela y encontrarás sentido a la fotografía que tenemos aquí. Clica sobre ella para resolver también tus dudas.

UNHA PRÁCTICA DE CAPACIDADE E MASA

Xa coñeces este aparello, sabes como se chama e para que se usa. Hoxe imos traballar con el. 

A mestra vaiche dar unha ficha con instruccións que debes seguir para calcular varios pesos de millo e trigo.

Debes anotar o que se che pide e contestar ás preguntas. Ollo! algunha pregunta pode parecer enganosa.   
Estas son xarras medidoras. Están graduadas para poder medir o líquido que se bota nelas. Na mesma ficha que che vai dar a mestra aparecerá un apartado para resolver cuestións de capacidade. Debes seguir as instruccións para resolver cada apartado. Na mesa de traballo atoparás catro xarras para facer as medicións que se piden. 
Ollo coas preguntas!!

Se queres ver a ficha podes premer aquí.

domingo, 15 de abril de 2012

ADVERBIOS DE MODO

Hace unos días empezamos a trabajar con los adverbios. Entre ellos, vimos los de modo. Fíjate en el cuaderno de la fotografía. Los tres primeros aparecen en la lista que ya estudiamos, pero fíjate en el último: sinceramente.

Este adverbio tiene una característica especial: se forma con un adjetivo (sincero) y la terminación -mente.

Hoy nos dedicaremos a estudiar la formación de estos adverbios de modo. Clica en el cuaderno y podrás copiar la tarea.

DESCRIBIMOS A BALBINO

"Que rebumbio! Da gusto ver como todos os veciños axudan." Así comeza a lectura de hoxe. Imos acabar de ler este capítulo. Agora xa temos detalles suficientes sobre Balbino. Sabemos como é fisicamente, como é o seu carácter e que cousas lle gustan. Logo podemos describilo.

A mestra darache unha ficha para que escribas a túa descrición. Con todas elas faremos unha exposición. Esta é unha das actividades que propón a Biblioteca para celebrar a semana do libro.

PROBLEMAS DE CAPACIDADE

No Mosteiro de Santa Cristina hai un caño que recolle a auga do tellado e a verte nun depósito de 7 hl 5 dal. Se cada minuto o caño bota 5 litros de auga, canto tempo tardará en encherse o depósito?

Imos rematar de ler a páxina 66 da novela. Veremos que Martín bebeu auga que lle deu o seu avó. Sabes canto bebeu? Preme na fotografía para resolver problemas como o primeiro que se propón nesta páxina.

jueves, 12 de abril de 2012

CAPACIDADE

O avó de Martín tamén precisaba beber. Adela leváballe auga en botellas de 75 cl.

Imos repasar as unidades de capacidade que estudamos o curso pasado. Hoxe faremos un problemiña e continuaremos coas unidades de masa que comezamos o día anterior. 

Calcularemos o peso dunha galleta das que tamén lle leva Adela ó seu home, logo transformaremos expresións complexas en outras incomplexas e por último darémoslle unha voltiña ás divisións con números decimais, para que non se nos esquezan.

Preme na botella e... a traballar!

miércoles, 11 de abril de 2012

O PESO

Acabamos de descubrir que o avó de Martín está escondido no Mosteiro de Santa Cristina. O propio Martín non é capaz de crelo. Por que levará tanto tempo alí sen que ninguén o saiba? Como é capaz de vivir sen as comodidades da súa casa? Quen lle levará a roupa limpa, e os alimentos...?
Supoñemos que Adela se encarga de todas estas tarefas. Imaxinemos que ese mesmo día levou chourizo, xamón e queixo. Se premes na fotografía atoparás o peso de cada alimento e con todos os datos poderás resolver un problema. Tamén hai actividades para transformar unhas unidades de peso en outras.

martes, 10 de abril de 2012

LOS ADVERBIOS

"Un hombre con la cara muy pálida, al que había visto en numerosas fotografías, me estaba mirando."

Este es un fragmento de la novela que vamos a leer hoy. La palabra "muy" es un adverbio de cantidad. Un adverbio es una palabra que complementa a un verbo, a un adjetivo o a otro adverbio.

Vamos a estudiar su clasificación, puesto que los hay de muchas clases según su significado. Clica aquí y localizarás un esquema y actividades para practicar.

lunes, 9 de abril de 2012

O VELORIO DO PADRIÑO

O padriño de Balbino morreu e todos os veciños acuden á súa casa a dar o pésame e a axudarlles nas tarefas do día.

Imos ler outro anaquiño de novela para saber o que pensa Balbino sobre todos estes asuntos, cales son as súas reflexións, preocupacións, medos...

Preme aquí para contestar algunhas preguntas sobre a lectura de hoxe.

COORDENADAS NO PLANO

Este é o plano dunha igrexa. Representa a planta vista desde arriba. Para que sexa máis fácil de interpretar, imos engadirlle unhas coordenadas, así poderemos localizar en cada momento os elementos que precisemos.

Martín está coa súa avoa no Mosteiro de Santa Cristina e, cando cre ver unha pantasma, colle medo e escapa. O caso é que atopou algunha porta pechada e tivo que buscar outra saída.

Preme aquí e atoparás a planta da igrexa do mosteiro e as coordenadas para saber que camiño percorreu Martín.