Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 12 de abril de 2012

CAPACIDADE

O avó de Martín tamén precisaba beber. Adela leváballe auga en botellas de 75 cl.

Imos repasar as unidades de capacidade que estudamos o curso pasado. Hoxe faremos un problemiña e continuaremos coas unidades de masa que comezamos o día anterior. 

Calcularemos o peso dunha galleta das que tamén lle leva Adela ó seu home, logo transformaremos expresións complexas en outras incomplexas e por último darémoslle unha voltiña ás divisións con números decimais, para que non se nos esquezan.

Preme na botella e... a traballar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario