Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 11 de abril de 2012

O PESO

Acabamos de descubrir que o avó de Martín está escondido no Mosteiro de Santa Cristina. O propio Martín non é capaz de crelo. Por que levará tanto tempo alí sen que ninguén o saiba? Como é capaz de vivir sen as comodidades da súa casa? Quen lle levará a roupa limpa, e os alimentos...?
Supoñemos que Adela se encarga de todas estas tarefas. Imaxinemos que ese mesmo día levou chourizo, xamón e queixo. Se premes na fotografía atoparás o peso de cada alimento e con todos os datos poderás resolver un problema. Tamén hai actividades para transformar unhas unidades de peso en outras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario