Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 18 de abril de 2012

XOSÉ NEIRA VILAS

Este é Xosé Neira Vilas, o autor de "Memorias dun neno labrego".

Hoxe imos investigar sobre a súa vida: onde e cando naceu, como foi a súa infancia e nenez, a primeira escola, onde viviu, con quen casou, a que dedicou a súa vida...

Para afondar sobre estas cuestións preme na súa fotografía. Tal vez coñecendo a súa historia comprenderemos mellor a novela que estamos lendo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario