Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 15 de abril de 2012

PROBLEMAS DE CAPACIDADE

No Mosteiro de Santa Cristina hai un caño que recolle a auga do tellado e a verte nun depósito de 7 hl 5 dal. Se cada minuto o caño bota 5 litros de auga, canto tempo tardará en encherse o depósito?

Imos rematar de ler a páxina 66 da novela. Veremos que Martín bebeu auga que lle deu o seu avó. Sabes canto bebeu? Preme na fotografía para resolver problemas como o primeiro que se propón nesta páxina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario