Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




lunes, 16 de abril de 2012

UNHA PRÁCTICA DE CAPACIDADE E MASA

Xa coñeces este aparello, sabes como se chama e para que se usa. Hoxe imos traballar con el. 

A mestra vaiche dar unha ficha con instruccións que debes seguir para calcular varios pesos de millo e trigo.

Debes anotar o que se che pide e contestar ás preguntas. Ollo! algunha pregunta pode parecer enganosa.   
Estas son xarras medidoras. Están graduadas para poder medir o líquido que se bota nelas. Na mesma ficha que che vai dar a mestra aparecerá un apartado para resolver cuestións de capacidade. Debes seguir as instruccións para resolver cada apartado. Na mesa de traballo atoparás catro xarras para facer as medicións que se piden. 
Ollo coas preguntas!!

Se queres ver a ficha podes premer aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario