Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 26 de abril de 2012

GRÁFICA DE PUNTOS

Hoxe imos aprender a elaborar gráficas de puntos, que é outra das maneiras de representar os datos que recollemos nas táboas de frecuencias.

É moi sinxelo. Primeiro necesitamos facer un eixo vertical e outro horizontal onde colocar os datos e frecuencias. A frecuencia de cada dato represéntase cun punto. Finalmente unimos con orde todos os puntos.

Imos practicar con varios exemplos: coa temperatura rexistrada en Castrosil a primeira semana do inverno, e coas notas que sacaron no primeiro trimestre Martín e Juanita.

Preme na gráfica e comenza o traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario