Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 22 de abril de 2012

GRÁFICO DE BARRAS

O avó leva máis de 10 anos oculto no mosteiro. Nesa década tivo tempo de facer moitas cousas. No último ano anotou nunha táboa de frecuencias canto chovía cada mes. Logo ordenou os datos e elaborou unha gráfica de barras como a da fotografía.

Hoxe imos facer a mesma tarefa que fixo o avó de Martín. Preme na fotografía e atoparás os datos que precisas para elaborar a táboa e a gráfica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario