Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 15 de abril de 2012

DESCRIBIMOS A BALBINO

"Que rebumbio! Da gusto ver como todos os veciños axudan." Así comeza a lectura de hoxe. Imos acabar de ler este capítulo. Agora xa temos detalles suficientes sobre Balbino. Sabemos como é fisicamente, como é o seu carácter e que cousas lle gustan. Logo podemos describilo.

A mestra darache unha ficha para que escribas a túa descrición. Con todas elas faremos unha exposición. Esta é unha das actividades que propón a Biblioteca para celebrar a semana do libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario