Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




lunes, 9 de abril de 2012

COORDENADAS NO PLANO

Este é o plano dunha igrexa. Representa a planta vista desde arriba. Para que sexa máis fácil de interpretar, imos engadirlle unhas coordenadas, así poderemos localizar en cada momento os elementos que precisemos.

Martín está coa súa avoa no Mosteiro de Santa Cristina e, cando cre ver unha pantasma, colle medo e escapa. O caso é que atopou algunha porta pechada e tivo que buscar outra saída.

Preme aquí e atoparás a planta da igrexa do mosteiro e as coordenadas para saber que camiño percorreu Martín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario