Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 29 de marzo de 2012

CONSTRUCCIÓNS CON CORPOS XEOMÉTRICOS

Na clase de Matemáticas estivemos traballando cos corpos xeométricos: prismas, pirámides, cilindros, conos e esferas. Como Martín visitou o Mosteiro de Santa Cristina que ten unha torre moi elevada, nós tamén quixemos imaxinar esa torre, e a mellor forma de conseguilo foi construíndo unha maqueta.
Mira este vídeo e atende ós pasos que demos por se queres facer ti a túa maqueta da torre dun mosteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario