Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 18 de marzo de 2012

POLIEDROS

Fíxate ben na torre das campás do Mosteiro de Santa Cristina. É un corpo xeométricos chamado poliedro, igual que o tellado que ten enriba. A torre ten forma de prisma e o tellado de pirámide.

Hoxe imos falar dos poliedros. Preme aquí e atende á explicación que nos vai dando a aplicación informática e, ó mesmo tempo á que che vai dando a mestra cos poliedros de plástico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario