Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 11 de marzo de 2012

FORMAS DE EXPRESAR A LONXITUDE

Martín e Roberto teñen a mesma estatura, sen embargo Martín prefire decir que mide 142 cm e Roberto 1m e 42 cm. A primeira das formas, chámase incomplexa e a segunda, complexa.
Hoxe imos aprender como se fai a transformación dunha forma noutra.

Premendo aquí atoparás un esquema e unhas actividades para ir practicando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario