Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 4 de marzo de 2012

CELEBRAMOS A PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz no colexio. Toda a semana estivemos traballando co conto do Sacapenas. Falamos daquelas situacións que nos provocan medo e preocupacións, escribímolas nunha folla e colgámolas na árbore dos medos. Tamén elaboramos os nosos propios Sacapenas, para que nos axuden a durmir con tranquilidade.
Preme no vídeo para ver as actividades que fixemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario