Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 1 de marzo de 2012

O FUMAZO

Estes son estalotes. Esta planta aparece mencionada no capítulo de hoxe. Le atentamente para averiguar que outras plantas nomea Balbino e para que as vai utilizar.

Que celebrarán na aldea?

Ademais de falar desta festa e comentar os costumes e tradicións populares en torno a ela, imos intentar escribir unha poesía.

Preme nesta foto e atoparás... unha sorpresa moi natural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario