Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 4 de marzo de 2012

DISFRUTAMOS CO ANTROIDO

No mes de febreiro celebramos o antroido. Durante toda a semana estivemos pendentes do boneco que había na entrada do colexio, xa que, cunha rima, decíanos o que tiñamos que traer ó día seguinte: tres chichos na cabeza, un calcetín de cada cor, un pantalón curto por riba do longo e o xersei do pixama. O venres cada un veu disfrazado do que quixo.
Queres saber como nos disfrazamos os de 5º? Bótalle un ollo ó vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario