Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 15 de marzo de 2012

FERRAMENTAS DE LABRANZA













Este é un arado de pau, como o que aparece na lectura de hoxe. Fíxate ben como se coloca e utiliza. Ademais desta ferramenta, na novela aparece o nome doutras. Imos localizalas, buscar o seu significado e relacionalas coas tarefas propias da labranza da terra.

Preme aquí para saber exactamente o que debes facer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario