Sabes o que é unha folla de reclamación?
Ás veces cando imos a un establecemento agardamos que todo saia de marabilla, pero non sempre é así. En ocasións non estamos de acordo co trato recibido, co prezo (por ser máis caro do que poñía nos anuncios), cos servizos prestados... polo tanto queremos reclamar.
Para facer unha reclamación debemos cubrir un formulario chamado FOLLA DE RECLAMACIÓN que debe estar presente en todas as empresas.
Hoxe imos aprender como utilizalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario