Multiplicar decimais ou dividilos pola unidade seguida de ceros non é tan complicado. Só hai que desprazar a coma cara á dereita ou á esquerda.
Para que poidas telo ben clariño preme na fotografía e copia un resumo na túa libreta. Logo practica coas actividades que aparecen na mesma ficha.
Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario