Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 26 de febrero de 2012

UN POUCO DE ORTOGRAFÍA

Esta casa non é a de Eladia. Está moi vella. Non se pode habitar, non reúne condicións de habitabilidade.

Lembras que as palabras que rematan en -bilidade escríbense con "b"? Lembras outros casos nos que se utilizaba o "b"?

Hoxe imos practicar non só as regras de ortografía do "b", tamén repasaremos as do "v" e as formas hai, aí e ai!

Entra nesta casa tan vella e busca as actividades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario