Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




lunes, 13 de febrero de 2012

BALBINO VAI Á ESCOLA

Balbino vai contento á escola desde que Eladia é a mestra. Gústalle máis que Don Alfonso, o mestre que había antes.

E ti, tes lembranzas agradables da escola?

Imos compartilas, así todos coñeceremos os momentos máis felices dos nosos compañeiros dentro do colexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario