Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
domingo, 5 de febrero de 2012
PRETÉRITO, COPRETÉRITO E POSPRETÉRITO
Balbino soñou que fora a Santiago mercar un avión e viaxara ata América para visitar ó seu irmán Miguel.
Imos ler outro fragmento do capítulo "Rebusque". Esta vez fixarémonos nos tempos verbais en pasado. Fíxate que os seus nomes non coinciden coa conxugación en Castelán.
Sigue o rumbo deste avión para atopar a tarefa de hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario