Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




lunes, 13 de febrero de 2012

POLÍGONOS E PERÍMETROS

Na outra orilla do Sil víanse viñedos. Un deles tiña forma hexagonal regular. O seu propietario quere rodeala cun valado metálico. Se che dou a lonxitude dun lado e o prezo do metro de valado, poderás averiguar canto lle custará pechar a súa finca?

Se premes na fotografía atoparás máis problemas para resolver.

No hay comentarios:

Publicar un comentario