Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
domingo, 5 de febrero de 2012
RECOÑECEMOS ÁNGULOS
Este é o plano da casa da avoa Adela. Serías capaz de localizar nel ángulos rectos, agudos, obtusos, completos, consecutivos e opostos polo vértice?
Imos tentalo. Seguro que atopas máis dos que pensas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario